Actualización 26/11/2025. Publicados no taboleiro electrónico os resultados provisionais da fase de oposición
Prazo de alegacións: 2 días
https://sede.muxia.es/sxc/es/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20251113123004050.html
Actualización 21/11/2025. Publicada lista de admitidos/as, composición do tribunal e data de probas.
https://sede.muxia.es/sxc/gl/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20251113123004050.html
DATA DA FASE DE OPOSICIÓN: martes, 25 de novembro ás 9:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello (Muxía). Ao rematar terá lugar a proba de galego para aqueles candidatos que non acreditan o nivel de coñecemento de galego sinalado nas bases.
O Concello de Muxía recibe unha subvención para contratar a unha persoa moza e reforzar os servizos municipais
A contratación, cofinanciada pola Unión Europea e a Xunta de Galicia no marco dos programas de apoio ao emprego xuvenil FSE+Galicia 2021/2027, permitirá un período de nove meses de experiencia profesional nun posto de limpeza.
As persoas que figuran na selección realizada pola Oficina de Emprego dispoñen dun prazo de 3 días hábiles (ata o 18 de novembro) para presentar a solicitude de participación no proceso tal e como se indica na bases de selección.
Listado de candidatos (oferta oficina de emprego) https://sede.muxia.es/sxc/export/sites/muxia/recursos/downloads/Tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20251113123004050_ANEXO_1763033404-1.pdf
Anexo I Modelo

Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código procedemento TR350E) (DOG núm. 160, do venres 22 de agosto de 2025).
O Concello de Muxía contrata unha persoa moza inscrita Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para o posto de operaria de limpeza, por un período de 9 meses e cunha xornada laboral do 100%. Esta contratación realízase co financiamento da subvención concedida a este Concello pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta .
Esta axuda esta cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1. “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02. “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027.
O importe da subvención ascende a 16.380,09 euros

Turismo
Arquitectura tradicional6 Decembro, 2016 - 9:05 p.m.
Museo do Voluntariado2 Decembro, 2016 - 5:27 a.m.
Paseo do río Negro2 Decembro, 2016 - 4:20 a.m.
Os miradoiros27 Novembro, 2016 - 10:24 p.m.
Rutas
Explora Muxía8 Xullo, 2021 - 12:50 p.m.
Muxía – Lires – Camariñas2 Xaneiro, 2017 - 1:18 a.m.
Cabo Touriñán – Moreira2 Xaneiro, 2017 - 12:51 a.m.
Agra de Nemiña e Ría de Lires31 Decembro, 2016 - 12:15 p.m.
Concello
Enderezo
Rúa Real, 35. Muxía.
15124. A Coruña.
Contacto
correo@muxia.es
981742001
Horario
Lu-Ve: 8:30-15:00







