Actualización 04/12/2023. Selección de alumnado traballador Obradoiro de Emprego

Actualización 04/12/2023.

Puntuacións e proposta provisional


Actualización 01/12/2023.

Taboleiro anuncios. Puntuacions alumnos fase 1


Actualización 30/11/2023.

Convocatoria proba escrita


ACTUALIZACIÓN 28/11/2023

Publicación do listado de persoas preseleccionadas remitidas pola Oficina de Emprego.

taboleiro de anuncios. listado

listado-alumnado-traballador-remitido-pola-oficina-de-emprego

Prazo de presentación de documentación nos Concellos participantes: 2 días

Documentación a presentar:

Para participar no proceso selectivo deberá figurar na listaxe da oficina de emprego e presentar a solicitude normalizada que incorpora unha declaración xurada, copia do DNI e documentación relativa a requisitos específicos e méritos. A continuación relacionamos a documentación a presentar:

– DNI (copia)

– Informe de vida laboral actualizado

– Titulacións académicas

– Xustificante de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33% ( de ser o caso) e documentación acreditativa da compatibilidade coas tarefas do posto.

– Xustificante de participación en IPI (de ser o caso).

– Documentación acreditativa de atoparse en algunha das seguintes circunstancias: persoa emigrante retornada (máximo 2 anos desde o retorno), muller, muller vítima de violencia de xénero, persoa que esgotase as prestacións e subsidios por desemprego, persoa parada de longa duración, persoa beneficiaria de RISGA


ESPECIALIDADES DO OBRADOIRO:

EOCB0109 – Operacións auxiliares de revestimentos continuos. 10 PRAZAS

SEAG0209 – Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais. 10 PRAZAS

CONCELLOS PARTICIPANTES NO PROXECTO: Muxía, Camariñas e Vimianzo

Tipo de contrato (Art. 13.1 da Orde do 21/04/2023): Contrato para a formación e alternancia. 12 meses de duración

REQUISITOS: Persoas desempregadas, entendéndose nesta situación as persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.

A selección do alumnado traballador/a participante no obradoiro dual de emprego “CAMIÑO AO EMPREGO 2023 será realizado  mediante un procedemento específico: Oferta no Servizo Público de Emprego de Galicia. Unha vez remitidos os candidatos/as por parte da oficina de emprego, publicarase a lista provisional de admitidos/as ao proceso selectivo nesta páxina web

Bases