Muxía conta cun rico patrimonio na súa arquitectura popular no entorno rural: eiras, alpendres, alvarizas, casas, cerres, curros, fontes, fornos, cabazos, cruceiros, muíños, palomares, capelas…
Ao longo do territorio muxián aparecen exemplos destas construcións, ligadas a maioría delas ao traballo, arquitectura popular que responde ás necesidades das xentes e as súas posibilidades económicas. Os recursos e materiais que se empregan teñen que ver con factores xeográficos, económicos e sociais. A pedra é o elemento dominante.