Escolas deportivas
O Concello de Muxía organiza as escolas deportivas, dirixidas á poboación infantil, pero tamén aos adultos. Propón actividades orientadas ás necesidades de cada sector da poboación. A maior parte das actividades terán lugar nas instalacións do polideportivo municipal, aínda que algunhas, sobre todo para os maiores, celebraranse nas parroquias.
Para poder comezar unha actividade, ten que haber un mínimo de 10 participantes apuntados.
Oferta de actividades
Destinadas á poboación infantil
| Actividade | Lugar | Data de comezo |
|---|---|---|
| Educación física de base (rapaces/as nados entre 0 2016 e O 2022 ambos incluidos) | Polideportivo municipal Colexio Os Muiños | 4 DE OUTUBRO |
| Fútbol e fútbol sala (rapaces/as nados entre o 2018 e o 2014, ambos incluídos) | Polideportivo municipal | 03 DE OUTUBRO |
| Patinaxe (rapaces nados entre o 2014 e o 2018, ambos incluídos) | Polideportivo municipal | 02 DE OUTUBRO |
| Badminton (rapaces nados entre o 2014 e o 2018, ambos incluídos) | Polideportivo municipal | 04 DE OUTUBRO |
| Baile (rapaces nados entre o 2008 e o 2020, ambos incluídos) | Edificio Servicios Múltiples de Muxía | 04 DE OUTUBRO |
Oferta de actividades
Destinadas á poboación adulta (+16 anos)
| Actividade | Lugar | Data de comezo |
|---|---|---|
| Ximnasia de mantemento | Escolas unitarias dos lugares nos que o soliciten dez persoas como mínimo. | OUTUBRO |
| Ximnasia de mantemento | Polideportivo municipal | OUTUBRO |
| Musculación | Ximnasio Municipal de Muxía | OUTUBRO |
| Pilates | Ximnasio Municipal de Muxía | OUTUBRO |
| Spinning | Ximnasio Municipal de Muxía | OUTUBRO |
| Gap | Ximnasio Municipal de Muxía | OUTUBRO |
| Tonificación | Ximnasio Municipal de Muxía | OUTUBRO |
| Baile | Edificio Servicios Múltiples de Muxía | OUTUBRO |
Actividades deportivas non municipais
| Actividade | Promotor | Máis información |
|---|---|---|
| Ioga | Asociación de ioga Manasté | 610157959 |
| Fútbol | Club de fútbol Muxía | 637588266 |
| Programa de vela | Club marítimo Carrumeiro | 666369324 |
Prezos
Para poder participar, o usuario debe inscribirse utilizando o formulario a pé da páxina. O departamento de Deportes do Concello porase en contacto para indicarlle a forma de facer o pagamento.
Os prezos das actividades deportivas municipais veñen marcadas pola ordenanza de pago das taxas dos Servizos Deportivos Municipais. Estos prezos variarán segundo o número de actividades solicitadas, o número de membros na unidade familiar e a idade dos usuarios. No caso dos máis cativos, a cantidade anual a pagar é a seguinte:
| 1 usuario | 2 usuarios | 3 usuarios | |
|---|---|---|---|
| 1 escola | 20 € | 30 € | 40 € |
| 2 escolas | 30 € | 40 € | 50 € |
| 3 escolas | 40 € | 50 € | 60 € |
Horario Ximnasio Municipal Tempada 2025-26
| Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado |
|---|---|---|---|---|---|
| USO LIBRE
GAP PILATES | USO LIBRE
PILATES ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES | USO LIBRE
GAP PILATES | USO LIBRE
PILATES ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES | USO LIBRE | |
| USO LIBRE
PILATES | USO LIBRE 19:00 – 19:45 | USO LIBRE
PILATES | USO LIBRE 19:00 – 19:45 | ||
| USO LIBRE
PILATES | USO LIBRE
GAP | USO LIBRE
PILATES | USO LIBRE
GAP | ||
| USO LIBRE
TONIFICACIÓN | USO LIBRE
SPINNING | USO LIBRE
TONIFICACIÓN | USO LIBRE
SPINNING |
Horario Polideportivo Municipal Tempada 2025-26
| Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado |
|---|---|---|---|---|---|
| EFB MUIÑOS 16:30-17:10 | EFB 16:30-17:10 | EFB MUIÑOS 16:30-17:10 | EFB 16:30-17:10 | ||
| PATINAXE 1 2013-2019 17:20-18:05 | FÚTBOL S. PREBENX 17:15-18:00 | FÚTBOL S. PREBENX 17:15-18:00 | FÚTBOL S. PREBENX 17:15-18:00 | COMPETICIÓN FÚTBOL SALA 17:15-18:00 | |
| BADMINTON 18:05-18:50 | FÚTBOL S. ALEVIN 18:00-18:45 | BADMINTON 18:05-18:50 | FÚTBOL S. ALEVIN 18:00-18:45 |
NOTA: para poder facer uso da pista, en horarios nos que non haxa actividades, é necesario presentar a solicitude por escrito no concello, dous días antes da data que se desexa.
Observacións
- O asinante declara que os datos que achega son certos. No caso de que se detecte algunha falsidade neles, o alumno será dado de baixa nas actividades nas que se inscriba.
- Os datos persoais recollidos serán incorporados e tratados nun ficheiro municipal, cuxa finalidade é a xestión da inscrición nas actividades, e poderán ser cedidos a empresas ou persoal subcontratado, ademais doutras cesións previstas na Lei. O órgano responsable do ficheiro é o Concello de Muxía, e o enderezo onde a interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o mesmo é o rexistro xeral do concello, Rúa Real, 35, CP 15124 – Muxía (A Coruña), o cal se informa en cumprimento do artigo 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.
- O Concello de Muxía poderá publicar listaxes co nome e apelidos dos solicitantes coa finalidade de darlle publicidade ás listaxes de admitidos nas actividades.
- A persoa inscrita dá a súa conformidade para a toma de fotografías e gravación de vídeos coa finalidade de incorporar estes materiais aos expedientes e memorias culturais e deportivas, publicalas na internet, en revistas, carteis ou calquera outro medio ou soporte que anuncie ou faga referencia ás actividades culturais e deportivas organizadas polo Concello de Muxía.
- O Concello de Muxía poderá modificar os lugares de desenvolvemento, o profesorado, os horarios ou os contidos se o considera oportuno.
- O alumno, ou de ser o caso, o titor, declara que non padece ningunha enfermidade que o incapacite para o desenvolvemento da actividade.
