Ruta das aves Muxía – Ría de Lires – Ría de Muxía e Camariñas
A ruta proposta, proporciona unha panorámica completa da rica e diversa comunidade de aves presente no termo municipal. Magníficas atalaias para contemplar a exuberante trasfega das aves mariñas, abruptos acantilados onde instalan os seus niños diferentes aves rupícolas, zonas húmidas litorais que acollen nutridos bandos de aves acuáticas, mosaicos agro pastorais aínda libres da intensificación agrícola ou areais costeiros ben conservados, compoñen unha sorprendente amalgama de especies, na que teñen cabida dende as netamente mediterráneas ata as de latitudes circumpolares.
Descarga
- Ruta en coche.
- Traxecto:
- Muxía.
- Punta Buitra.
- Vilela de Morquintián.
- Cabo Touriñán.
- Nemiña.
- Lires.
- Vilarmide.
- Os Muíños.
- Merexo.
- Leis de Nemancos.
- Porto de Cereixo.
- Lonxitude:
- 77 quilómetros.
- Dificultade:
- Baixa.
- Duración:
- De 5 a 7 horas.
- Punto de inicio: Muxía
- Punto de chegada: Porto de Cereixo.