A Bibilioteca Municipal Santiago Rey Fernández La Torre inaugurouse no 2008. Ocupa a antiga vivenda do actual director de La Voz de Galicia, que a cedeu ao Concello, ademais de dotala con equipamento, para que os veciños tivesen un lugar de ocio e lectura. Forma parte da rede de bibliotecas de Galicia.

Catálogo

Conta con máis de 15.000 libros.

Acceso aos títulos en rede

Os veciños poden ver o catálogo de libros de Muxía na web do proxecto Meiga (entra no acceso que está a pé de páxina). E tamén poden ver os libros que hai noutras bibliotecas da contorna.

Facerse socios

Todos os veciños poden facerse socios. É preciso acudir á biblioteca co DNI, cubrir unha ficha e asinar o carné.

Actividades

Fanse obradoiros de animación á lectura, manualidades, presentación de libros, contacontos, exposicións, visitas de colexios…

Acceso gratuíto a Internet

Podes traer o teu computador ou usar os que están a disposición dos usuarios na biblioteca.

Espazo para os máis pequenos

Os máis novos poden pasar as tardes alí para facer os deberes, ler e xogar.

Biblioteca da Muller

Zona destacada con obras escritas por mulleres, libros sobre feminismo e sobre a perspectiva de xénero.

Desenvolve a Galería de Mulleresun programa pioneiro que funciona desde marzo de 2010 e que pon en valor a aportación das mulleres á sociedade en xeral, dende diferentes ámbitos. Cada mes homenaxéase a unha muller protagonista expoñendo as súas obras, recomendando lecturas ou desenvolvendo actividades.

A Galería de Mulleres foi un proxecto recoñecido nos premios de Xestión Cultural.

Horario

De lúns a venres:

.16:00 horas ás 19:30 horas

Localización

Enderezo

Casa Santiago Rey Fernández La Torre. Rúa Virxe da Barca, 47. Muxía, A Coruña

Sandra Vilela Riveiro

Concelleira responsable

Sandra Vilela Riveiro