Ubicación
Primeira planta do concello

Benvidos á web do Concello de Muxía.
Esta é unha das canles de comunicación efectiva entre o Concello e a veciñanza, a través da que poderedes realizar xestións administrativas, así como informarvos da actualidade local.
Este espazo permitiravos acceder a avisos e anuncios, ofertas de emprego, programación de actividades, programación cultural e de festexos, así como coñecer e contactar cos servizos que vos amparan: protección civil, policía local ou CIM, entre outros.
A web preséntase, así mesmo, como unha ferramenta para coñecer e difundir o potencial turístico, o acervo cultural, e a bagaxe histórica do noso Concello, tanto para a veciñanza como para os viaxeiros.
Como canle de comunicación, é tamén unha plataforma aberta a suxestións e demandas veciñais, un espazo accesible e participativo, no que as vosas propostas serán atendidas co fin de facer progresar o noso Concello.
Sempre á vosa disposición,
Fco. Javier Sar Romero
Alcalde de Muxía
Enderezo
Rúa Real, 35. Muxía.
15124. A Coruña.
Contacto
correo@muxia.es
981742001
Horario
Lu-Ve: 8:30-15:00
