Horario
De luns a venres, de 8:30 a 13:00
A actividade deportiva debe usarse como axente educativo. O Concello pretende que o deporte axude á educación integral desde os primeiros anos, ocupando as horas de ocio dos máis novos cunha serie de actividades formativas que os afasten de malos hábitos e prácticas nocivas e que os axuden a desenvolverse como persoas dentro da sociedade. Pero tamén é un recurso para os adultos e maiores, que poden disfrutar de diferentes actividades nas parroquias ou na propia vila.
Hai actividades organizadas nas escolas deportivas para cativos, adultos e maiores. Empezan en novembro e rematan a finais de maio. Tamén se celebran xornadas e cursos que teñen lugar ao longo desta época.
De cara ao verán, o departamento de Deportes organiza todo tipo de xornadas, cursos e torneos.
Podes apuntarte ás escolas deportivas ou a outras actividades das que se informará a diario na web do Concello. Tamén podes solicitar a cesión do pavillón (é preciso pedila con dous días de antelación e deixarase sempre que haxa dispoñibilidade).
Pincha na opción que máis che interese:
De luns a venres, de 8:30 a 13:00
Terceira planta do Concello
Concelleiro responsable
Técnico
Enderezo
Rúa Real, 35. Muxía.
15124. A Coruña.
Contacto
correo@muxia.es
981742001
Horario
Lu-Ve: 8:30-15:00