Horario
De luns a venres, de 8:30 a 13:00
A actividade deportiva debe usarse como axente educativo. O Concello pretende que o deporte axude á educación integral desde os primeiros anos, ocupando as horas de ocio dos máis novos cunha serie de actividades formativas que os afasten de malos hábitos e prácticas nocivas e que os axuden a desenvolverse como persoas dentro da sociedade. Pero tamén é un recurso para os adultos e maiores, que poden disfrutar de diferentes actividades nas parroquias ou na propia vila.
Hai actividades organizadas nas escolas deportivas para cativos, adultos e maiores. Empezan en novembro e rematan a finais de maio. Tamén se celebran xornadas e cursos que teñen lugar ao longo desta época.
De cara ao verán, o departamento de Deportes organiza todo tipo de xornadas, cursos e torneos.
Podes apuntarte ás escolas deportivas ou a outras actividades das que se informará a diario na web do Concello. Tamén podes solicitar a cesión do pavillón (é preciso pedila con dous días de antelación e deixarase sempre que haxa dispoñibilidade).
Pincha na opción que máis che interese:
De luns a venres, de 8:30 a 13:00
Terceira planta do Concello
Concelleiro responsable
Monitor Deportivo
Enderezo
Rúa Real, 35. Muxía.
15124. A Coruña.
Contacto
correo@muxia.es
981742001
Horario
Lu-Ve: 8:30-15:00
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
As cookies estrictamente necesarias deben estar sempre activadas para que poidamos gardar as súas preferencias de configuración de cookies.
Se desactiva esta cookie non poderemos gardar as súas preferencias. Isto significa que cada vez que visites este sitio web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Máis información sobre a nosa política de cookies