Rutas das aves Cabo Touriñán – Moreira
Percorrido pola beira continental da “IBA Mariña Costa da Morte”, de importancia mundial para o paso migratorio de diferentes especies de aves mariñas. O cabo Touriñán, eríxese a modo de miradoiro excepcional para observar esta espectacular trasfega, ao que cabe sumar a riqueza de hábitats presentes na contorna máis próxima. Abruptos acantilados e extensas zonas de matos atlánticos, contrastan cunha variada paisaxe en mosaico nos arredores das aldeas, o que asegura unha elevada diversidade de especies. A maiores, danse todos os elementos para a sedimentación de aves con remotas procedencias, convertendo esta zona nun reclamo para os procuradores de rarezas.
Descarga
- Ruta circular a pé.
- Traxecto:
- Faro Touriñán.
- O Pardal.
- Moreira.
- Punta Moreira.
- As Filgueiras.
- Carreiroa.
- Faro Touriñán.
- Lonxitude:
- 11,5 quilómetros.
- Dificultade:
- Baixa.
- Duración:
- De 4 a 6 horas
- Punto de inicio e final: Faro Touriñán.