AVISO:
O Museo ATÓPACHE PECHADO ata novo aviso, polas obras de mellora que estamos realizando.
Desculpen as molestias. Concello de Muxía
————————————————————————————————————————
Museo que acolle unha mostra permanente de fotografías da catástrofe do barco Prestige fronte á costa galega e dos miles de voluntarios e voluntarias que traballaron nos labores de limpeza.
O 13 de novembro de 2002, o barco Prestige lanza un SOS a 28 millas de Fisterra. Presenta unha brecha no seu casco, a súa tripulación é evacuada e co paso das horas, a situación descontrólase e empeza o vertido de chapapote que chega ás costas galegas. Muxía é unha das primeiras localidades que enfronta as consecuencias en forma de chapapote, primeiro, e da marea branca de voluntarios que veñen a axudar, despois.
A mostra contén abundante material gráfico desos meses de loita contra a contaminación por pate de veciños e voluntarios, libros de dedicatorias e agasallos recibidos polo Concello que dan testemuño das numerosas persoas que acudiron á Costa da Morte para axudar.
Localización
Enderezo
Praza da Camposa, s/n. Muxía, A Coruña