Horario
De luns a venres, de 8:30 a 15:00
Os servizos sociais de Muxía son un conxunto organizado e coordinado de accións profesionais que buscan mellorar o benestar social e favorecer a integración dos veciños. Atenden aos cidadáns de forma personalizada e promoven os mecanismos para coñecer, previr e intervir con persoas, familias e grupos sociais, sobre todo se están en situación de risco social ou exclusión.
Axuda no fogar
Persoal cualificado e supervisado presta atencións no fogar ao veciño que ten limitada a súa autonomía por motivos de índole físico, psíquico ou social. Son servizos e coidados de carácter persoal, psicosocial, educativo, doméstico ou técnico; por exemplo, a limpeza da vivenda ou o aseo persoal. Facilítase así a súa permanencia no seu entorno e mellórase a súa calidade de vida.
PROGRAMA LAVANDERIA SOBRE RODAS
SERVIZO DE LAVANDERÍA DOMICILIARIA CONCELLO DE MUXIA
DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS XERAIS DO SERVIZO DE LAVANDERÍA DOMICILIARIA
O Servizo de Lavandería, que inclúe a recollida, tratamento e posterior entrega no domicilio dos usuarios de roupa de fogar e persoal. Está dirixido a persoas maiores de 65 anos, empadroadas no concello de Muxía, que viven soas ou conviven con persoas de similar dependencia, con escasos ou nulos apoios familiares e que carecen dos medios adecuados no domicilio para realizar ditas tareas e que son beneficiarias do Servicio de Axuda no Fogar Municipal, ben polo sistema de dependencia ou de libre concurrencia. Só en casos excepcionais, poderase valorar o acceso de persoas que se encontren tramitando pola vía de urxencia a valoración da súa situación de dependencia e se encontren en lista de agarda do servizo de axuda no fogar. Tamén excepcionalmente algunha persoa con menor/es, mediante o informe dos servizos sociais previo realizado polos servizos sociais comunitarios do Concello de Muxia e por un plazo de tempo determinado, mentras se resolve esa situación co recurso máis axeitado.
Colaboración/Financiamento por:
AXUDA POR NACEMENTO(s)/ ADOPCIÓN(s) DO CONCELLO DE MUXIA
BOP: https://bop.dicoruna.es/bopportal/
Email de máis información:
jose.canosa@muxia.es
Teleasistencia
As persoas maiores que viven soas ou teñen unha discapacidade poden solicitar un aparato que permite pedir axuda desde o propio domicilio en caso de urxencia.
VIDEO INFORMATIVO DO PROGRAMA:
Inserción social
É a intervención con persoas, familias ou unidades de convivencia que están en situación de exclusión social. Grazas a este programa, preténdese que estes veciños consigan a subsistencia económica, a habilitación profesional, o desenvolvemento persoal e a integración social.
Animación, prevención e cooperación social
Fomenta a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado entre as veciñas para que participen na resolución dos problemas da comunidade.
Convivencia alternativa.
É o acollemento familiar de menores ou maiores que están en situación de emerxencia persoal ou familiar cando non é posible a súa permanencia no propio fogar.
Inclusión social.
Pretende garantir a atención adecuada a aquelas persoas en situación de risco social con axudas como a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), as de emerxencia social ou para tratamentos de drogodependencias en comunidades terapéuticas.
Educación familiar
Promove a adquisición das competencias e habilidades necesarias para o correcto desenvolvemento nas familias onde se detectan carencias.
Envellecemento activo
Programa de actividades (obradoiros de memoria, artístico, termalismo social…) para que a xente maior conserve capacidades e habilidades.
Axudas e información para maiores
O departamento ofrece todo tipo de informacións de forma personalizada aos maiores para facilitar a súa autonomía persoal e contribuír á prevención de posibles situacións de risco que poidan sufrir.
Atención e información a persoas con discapacidade
O departamento axuda ás persoas con discapacidade física, intelectual ou sensorial ou cunha diagnose de enfermidade mental a acceder á información, axudas e apoios para desenvolver a súa vida da mesma forma que o resto dos cidadáns.
Atención e información a familias, infancia e mocidade
Ofrecen información sobre axudas periódicas de prevención e apoio ás familias para a integración do menor, incentivos ás familias para a conciliación da vida laboral e familiar, acollemento familiar de menores en situación de desprotección, título de familia numerosa, axuda no fogar municipal, educación familiar, etc …
Atención e información a emigrantes e retornados
Proporcionan información, orientación e asesoramento sobre a situación xurídica da persoa inmigrante ou emigrante retornada e sobre programas formativos. Tamén dan orientación, apoio e seguimento dos procesos de inserción sociolaboral, realizan intervencións sociofamiliares e tramitan axudas.
ATENCIÓN TEMPERÁ
AGRUPACIÓN CONCELLOS DUMBRÍA, CAMARIÑAS, CARNOTA, CEE, CORCUBIÓN, FISTERRA, MAZARICOS, MUXÍA, ZAS E VIMIANZO
Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea.
O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento O resultado que se pretende acadar é facilitar a inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas.
De luns a venres, de 8:30 a 15:00
Planta baixa da Casa do Concello:
Traballador social na planta baixa
Educador Familiar
Alcalde
gonzalo.saborido@muxia.es
jose.canosa@muxia.es
Enderezo
Rúa Real, 35. Muxía.
15124. A Coruña.
Contacto
correo@muxia.es
981742001
Horario
Lu-Ve: 8:30-15:00
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
As cookies estrictamente necesarias deben estar sempre activadas para que poidamos gardar as súas preferencias de configuración de cookies.
Se desactiva esta cookie non poderemos gardar as súas preferencias. Isto significa que cada vez que visites este sitio web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Máis información sobre a nosa política de cookies