————————————————
O Club Náutico Muxía adquire material náutico, e ferramentas eléctricas cunha subvención do ano 2024 da Deputación da Coruña.
Devandito material será compartido, coa AVPC PROTECCIÓN CIVL MUXÍA, para fíns de emerxencias, e coa Confradía de Pescadores.
Durante este verán, través da subvención concedida para actividades 2024 da Deputación da Coruña, as persoas voluntarias de AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA volverán ás aulas de formación, para reciclar os coñecementos teóricos e prácticos en materia de incendios, excarceración, técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) ou uso do Desfibrilador Semiautomático (DESA), entre outras.
O obxectivo de estes cursos de reciclaxe, que levaranse a cabo de xullo a setembro, é refrescar os coñecementos para que as persoas voluntarias poidan exercer o seu labor de atención a emerxencias da forma máis profesional.
O día 7 Julio, tivo lugar no Parador Costa da Morte (Muxía), o Acto de toma de posesión do Presidente da ANAV Protección Civil España, Arturo Fuente e a sua xunta directiva, onde o noso coordinador Ramón Pérez Barrientos, foi reelixido tesoureiro da identidade.
O acto asistiron o alcalde de Muxía, Iago Toba, o Delegado do Gobernó en Galicia Pedro Blanco Lobeiras, a directora xeral de Emergencias e Protección Civil Virginia Barcones, o director xeral de emerxencias de Galicia, Santiago Villanueva, a subdelegada do goberno en A Coruña, María Rivas, o Sargento da Garda Civil, o compañeiro da Policía Local, voceiros dos Grupos Políticos Locais, Alcaldes e Alcaldesas, e un gran número de compañeiros voluntarios e voluntarias de Protección Civil de diferentes puntos da xeografía española e como non Galega.
Dende aquí felicitamos a Arturo, e sua xunta directiva.
Sodes o mellor exemplo de compromiso, lealtade e traballo.