Ruta das aves Agra de Nemiña e Ría de Lires
Itinerario de gran beleza paisaxística, que nos conducirá polas campiñas e a paisaxe litoral da enseada de Nemiña. Praias, sistemas dunares, esteiros, acantilados e mosaicos agro-pastorais, danlle acubillo a unha rica comunidade ornítica, con grandes continxentes de aves acuáticas e mariñas e unha heteroxénea mostra das pertencentes a medios terrestres abertos, tales como as ligadas a terreos agrícolas, pasteiros e áreas de matogueiras. Ademais, a estratéxica situación xeográfica e as adecuadas características ambientais que reúne a zona, convértena nun enclave ideal para os buscadores de rarezas e aves escasas.
Descarga
- Ruta circular a pé.
- Traxecto:
- Nemiña.
- Talón.
- Praia de Nemiña.
- Ría de Lires.
- Vilela de Nemiña.
- Nemiña.
- Lonxitude:
- 8 quilómetros.
- Dificultade:
- Baixa.
- Duración:
- De 3 a 4 horas.
- Punto de inicio e de chegada: Nemiña.