A primeira parada de camiño a Santiago faise en Negreira. Alí pódese facer un alto para visitar a ponte medieval que atravesa o río Tambre.
Feita esta primeira parada, sigue cara Santiago, a cidade Patrimonio da Humanidade desde o ano 1985, para disfrutar do día. Alí pódese gozar do extraordinario conxunto de monumentos agrupados ao redor da catedral e da arquitectura da zona vella (igrexas, mosteiros, edificios, prazas e rúas). Recoméndase que se visiten os museos e os parques, ademáis de mesturarse no seu ambiente rueiro, cos músicos, veciños e visitantes de todo o mundo.
Fotos cedidas por Turismo de Santiago
- Ruta circular en coche.
- Traxecto:
- Muxía.
- Negreira.
- Santiago de Compostela.
- Muxía.
- Lonxitude:
- 150 quilómetros.
- Dificultade:
- Baixa.
- Tempo de visita:
- 1 día.
- Punto de inicio e final: Muxía.