Esta ruta tamén se podería chamar a ruta das tres rías. Na ría da que se parte, a de Camariñas, o visitante pode recrearse con paisaxes marítimas e espazos naturais onde abundan as aves acuáticas.
Na seguinte ría, a de Corcubión, a viaxe iníciase no cabo de Fisterra indo ata a desembocadura do Xallas, único río de Europa que se precipita ao mar formando unha cascada. O Camiño pasa polo monte Pindo e vai ata a Praia de Carnota, coñecida pola súa lonxitude e por un cabazo, monumento nacional, que é un dos máis grandes de Galicia, e que compite con outro que se pode en Lira.
A terceira e última ría, a de Muros e Noia, desfrutas dun espazo natural en Louro e dun convento do século XV en San Francisco. Xa en Muros, vila histórica, consérvase unha interesante zona antiga con pequenas prazas e casas con balcóns ou galerías.
- Ruta circular en coche.
- Traxecto:
- Muxía.
- Cabo Touriñán.
- Nemiña.
- Lires.
- Igrexa de Santa María das Areas, Fisterra.
- Igexa de Santa María da Xunqueira, Cee.
- Fervenza do Ézaro e Monte Pindo.
- Carnota.
- Lira.
- Praias de Louro e San Francisco.
- Igrexa de Santa María do Campo, Muros.
- Muxía.
- Lonxitude:
- 160 quilómetros.
- Dificultade:
- Baixa.
- Tempo de visita:
- 1 día.
- Punto de inicio e final: Muxía.