Actualización 24/05/2024. Selección dunha persona para posto peón Forestal
DATA DAS PROBAS DE SELECCIÓN
Fase oposición: Xoves 23 de maio ás 9:30 no edificio de servizos múltiples dos Muiños (Muxía).
Proba de galego (para aqueles candidatos que non acreditaran estar en posesión do Celga 1): venres 24 de maio ás 9:30 no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Recibida resolución de concesión da Consellería de Emprego e Igualdade pola que se concede unha subvención para a contratación dun traballador o abeiro da Orde do 26 de decembro de 2023 establece as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) e procede a convocalas para o exercicio do ano 2024 (DOG núm. 17, do 24
de xaneiro de 2024).
Visto que a orde de convocatoria establece
«As entidades beneficiarias da subvención solicitarán as persoas traballadoras que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados; deberá presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación, que deberá responder á codificación prevista no Catálogo nacional de ocupacións (CNO)…»
Este Concello procederá a contratación dentro do programa APROL RURAL 2024, unha vez publicadas as bases do proceso selectivo na SEDE, dun traballador para o desenvolvemento do servizo “Peón Forestal Aprol Rural” a través de oferta de emprego ante o SEPE de Cee,
- Contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.
- Duración: Nove (9) meses
- Nº de traballadores: 1.
- Selección de candidatos: Oferta de emprego no Servizo Público de Emprego.
- Requisitos específicos: Orde do 26 de decembro de 2023 establece as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL RURAL) e procede convocalas para o exercicio do ano 2024 (DOG num. 17, do 24 de xaneiro de 2024)