O Concello de Muxía abre o prazo de inscrición para participar no XVIII Mercado das Rutas do Mar, unha das citas máis destacadas do verán no municipio, que volverá converter as rúas de Muxía nun espazo de encontro arredor da tradición mariñeira, a artesanía, a gastronomía e a cultura.

As persoas interesadas en instalar un posto no mercado poderán presentar a súa solicitude do 6 ao 24 de xullo, ambos incluídos, de forma presencial nas dependencias municipais ou a través da Sede Electrónica do Concello de Muxía, cubrindo a instancia dispoñible nesta mesma páxina.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, celebrarase unha reunión organizativa cos postos participantes o día 27 de xullo ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, na que se facilitará toda a información necesaria para o correcto desenvolvemento do mercado.

O Mercado das Rutas do Mar ofrecerá durante toda a fin de semana unha ampla programación para todos os públicos, con postos de artesanía e gastronomía, animación musical, contacontos e numerosas actividades que poñerán en valor a tradición mariñeira de Muxía.

Ademais, o domingo celebrarase a tradicional degustación de peixe, que nesta edición contará cunha sorpresa especial, e como broche final ás XVIII Rutas do Mar, o público poderá gozar do concerto de Luar na Lubre.

Documentación

Modelo de solicitude en formato PDF

Modelo de solicitude en formato editable

Cartel

Cartel

PRAZO EXTRAORDINARIO DE SOLICITUDE CONCILIAMUX VERÁN:

Quedando prazas dispoñibles no servizo de conciliación da vida familiar e laboral “ConciliaMux Verán“, procedese a abrir un prazo de solicitude extraordinario para as diferentes quendas, do 23 ao 30 de xuño.

A adxudicación destas prazas extraordinarias realizarase por orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Presentación de solicitudes:

– Sede electrónica do concello de Muxia

– Rexistro do concello

-Calquera medio recollido no artigo 16.4 da Lei 30/2015, de 1 de outubro e demais normativa de desenvolvemento.-

Podes consultar o cartel aquí

O Concello de Muxía abre o prazo de inscrición para “ConciliaMux Verán 2026″, desde o 4 de maio ata as 14:00 horas do 15 de maio. As prazas  que se  distribuiran en 6 quendas.estarán dispoñibles para as familias con menores desde os 3 anos (escolarizados) ata os 12 anos.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse conforme as bases e condicións especificadas na convocatoria a través dos modelos normalizados establecidos ao efecto na páxina web. Poden presentarse de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Muxia (https://muxia.sedelectronica.gal), ou de xeito presencial no Centro de Información á muller. Rúa Real, 35-3ºandar (horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. 

Bases Concilia Muxia
Anexo II declaración responsable
Ficha de inscrición
Cartel Concilia Verán

Bases Semana Santa 2026

Ficha de inscrición Concilia Muxia

Anexo II – Protección de datos

Lista de admitidos concilia Semana Santa 2026