Ruta Muxía – Moraime – Area Maior

Powered by Wikiloc

Miradoiro da Cruz

Desde o miradoiro da Cruz, hai que poñer rumbo a Moraime pola estrada comarcal cara o cruce de Berdoias. A pé, leva uns 50 minutos percorrer os pouco máis de catro quilómetros. Son dez quilómetros en coche.

Se a metade de camiño cara a Moraime, quérese gozar dunha vista de Muxía no alto da Carrúa, hai que coller un desvío á man dereita na estrada á altura dun transformador. Cóllese o camiño que vai cara o bosque, para chegar ata unha mámoa e ata a Pedra da Forca.

Moraime, mosteiro do Mar

Moraime, ben de interese cultural, foi fundado arredor do século X. A Moraime débese o nacemento de Muxía. Durante anos, a economía da vila e o tráfico comercial dependeron da decisión dos monxes.

No solar no que se asenta a igrexa está o único vestixio que queda do mosteiro. Nos seus arredores atopáronse restos da época romana e xermánica. Dando unha volta polo camposanto, pódense descubrir as escavacións dunha necrópole romano-cristiana.

A lenda conta que un túnel comunicaba o mosteiro coa praia de Valverde, moi próxima ao areal dos Muíños-Area Maior.

Hai que cruzar a estrada Muxía-Berdoias e ir cara a Area Maior pola aldea dos Muíños.

Praia de Area Maior / Os Muiños

Na praia de Area Maior-Os Muíños desemboca o río Negro. Na mesma aldea hai unha área recreativa, a Fonte da Tella, onde comeza o paseo fluvial.

Preto de aquí, no lugar de Chorente, está a capela de San Roque.

A volta ao núcleo urbano pode facerse por punta Espiñeirido, onde está o areal do mesmo nome, e de alí ata a praia da Cruz.

  • Ruta circular a pé.
  • Traxecto:
    • Miradoiro da Cruz.
    • Moraime, mosteiro do Mar.
    • Praia de Area Maior – Os Muiños.
    • Muxía
  • Lonxitude:
    • 11 quilómetros.
  • Dificultade:
    • Media.
  • Duración:
    • 3 horas.
  • Punto de inicio e final: Miradoiro da Cruz.