Ruta do Románico
Esta ruta resulta de extraordinario interese arquitectónico e cultural, posto que une as igrexas de estilo románico existentes no municipio. A mesma non aparece delimitada en trazo continuo, posto que admite varios posibles percorridos e algúns deles solápanse nalgúns tramos con outras rutas. Con todo, pódense destacar dous percorridos partindo da vila de Muxía (Igrexa de Santa María): un deles abarcaría as igrexas de Santa María de Morquintián, San Cristovo de Nemiña e Santa Leocadia de Frixe; o outro abarcaría as igrexas de San Xiao de Moraime, San Martiño de Ozón e San Pedro de Leis, discorrendo polo Camiño de Santiago a Muxía ata San Martiño e despois por estradas interiores ata o lugar de Leis.
- Traxecto 1:
- Santa María de Muxía.
- Santa María de Morquintián.
- San Cristovo de Nemiña.
- Santa Leocadia de Frixe.
- Traxecto 2:
- San Xiao de Moraime.
- San Martiño de Ozón.
- San Pedro de Leis.