Camiño de Santiago. Tramo Compostela – Muxía
O Camiño de Santiago, no tramo entre Compostela e Muxía, é o único con orixe na capital galega. Muxía ten un gran simbolismo e vinculacións xacobeas desde hai séculos. Pensouse que o Santuario da Barca era o lugar onde a Virxe María chegara nunha barca de pedra para dar ánimos ao Apóstolo Santiago na súa predicación polo noroeste da Península.
Do mesmo xeito que no século XIII, na actualidade é un dos trazados xacobeos que gaña máis adeptos.
O camiñante pasa por Ponte Maceira, aldea con ponte medieval e muíños, ata Olveiroa. De alí, chega a Hospital onde o camiño bifúrcase cara Muxía, un tramo moi bonito cheo de aldeas onde predomina a arquitectura popular e numerosos hórreos, ata chegar ao Santuario da Barca.
- Ruta lineal a pé.
- Traxecto:
- Santiago de Compostela.
- Negreira.
- Olveiroa.
- Muxía.
- Lonxitude:
- 86,5 quilómetros.
- Dificultade:
- Media-alta.
- Duración:
- 16 horas, aproximadamente.
- Punto de inicio: Santiago de Compostela
- Punto final: Muxía.