Ruta do Solpor de Europa
O Coído, zona cero
Situado no paseo marítimo do Coído, cóllese a estrada en dirección á praia de Lourido. Este traxecto percorre varios lugares do municipio ata chegar ao cabo Touriñán.
Ao pouco de saír da vila, de fronte, están as puntas de Cachelmo e da Buitra cos seus cantís. A punta do Cachelmo remata nunha profunda furna, chamada A Buserana.
Preto do campo de fútbol atópase a cala da Arliña, e fronte a ela a extensa praia de Lourido.
Praia de Lourido
Ao pouco de pasar a aldea de Lourido, á dereita queda o monte Cachelmo e á esquerda o miradoiro do monte Facho.
Seguindo pola estrada de Touriñán, atópase a praia da Arnela e a punta da Buitra, rematando nun pequeno illote. Máis adiante está a enseada de Cuño.
O camiño segue por varios núcleos, como Martinete, Figueiroa, Aboi e Viseo, ata chegar ao treito final de Touriñán. Pódese parar en Moreira e ver unha praia de bolos na que desemboca un regato.
Cando se vexa a lanterna do faro de Touriñán, saberase que estase preto da fin desta primeira parte do traxecto.
Cabo Touriñán
Dúas veces ao ano, a principios da primavera (21/03-25/04) e finais do verán ata o equinoccio de outono (13/08-22/09), o cabo convértese no derradeiro lugar por onde desaparece o sol na Europa continental.
A auga deixa ao descuberto unha lingua de area que a une a terra na illa do Castelo.
Praia de Nemiña
Nemiña é unha praia internacional na que dende hai anos se reúnen os amantes do surf e do bodyboard de toda Europa, sobre todo alemáns, franceses e cada vez máis, veciños da zona.
Na época estival pódese ver cruzar pola praia peregrinos procedentes de Fisterra polo Camiño da Costa. É un bo miradorio para gozar da posta de sol.
Descarga
- Ruta lineal a pé.
- Traxecto:
- O Coído, zona cero.
- Praia de Lourido.
- Cabo Touriñán.
- Praia de Nemiña.
- Lonxitude:
- 29,6 quilómetros.
- Dificultade:
- Media.
- Duración a pé:
- 6 horas.
- Duración en coche:
- 1 hora e media.
- Punto de inicio: Praza do Coído, Muxía.
- Punto final: Praia de Nemiña.