Mercado das rutas do mar

O mercado das rutas do mar é unha festa que organiza o pobo de Muxía para celebrar a súa tradición e cultura mariñeira e gozar coa gastronomía, os oficios, a música, os aparellos do traballo…. E sen olvidar a cultura do campo que desde séculos uniuse ao traballo do mar para manter a vida dos veciños. É un acontecemento que dura varios días de agosto e celébrase todos os anos.

O mercado das Rutas do Mar é unha reflexión espontánea e sinxela dos veciños de Muxía sobre aquelo que os fai ser quenes son e que se lle ofrece ao visitante ou turista para que os coñeza e desfrute con eles. Ao mesmo tempo é unha paréntese na vida cotiá que invita a esquecerse dos problemas diarios para perderse polas rúas da vila e fundirse no seu ambiente festivo e alegre.

Durante estes días de agosto, as personaxes da primeira metade do século XX, que Ramón Caamaño inmortalizou en papel fotográfico, xúntanse coas personaxes de Rosalía de Castro e os épicos campesiños e mariñeiros do poeta local López Abente. Todos toman as rúas de Muxía e, olvidando a dureza das súas vidas, collen alento e comparten festa e lecer.

Localización

Enderezo

Vila de Muxía. Muxía, A Coruña