Ruta da Costa Muxía – Fisterra
Representa o tramo do chamado Camiño da Costa que discorre polo municipio de Muxía. A viaxe parte da vila e percórrese a pé un itinerario que pasa por lugares como Lourido, Xurarantes, Figueiroa, Vilela, Morquintián, Guisamonde, Frixe e Lires (Ponte Baosilveiro), este último xa no municipio de Cee. Trátase dun camiño sinalizado e historicamente recoñecido, considerado como complementario do tradicional Camiño de Santiago a Muxía ou Fisterra.
Esta ruta tamén se corresponde coas dúas últimas etapas do Camiño dos Faros, a sétima Muxía – Nemiña e a oitava Nemiña – Fisterra. Para máis información sobre este último traxecto, prema nos seguintes enlaces:
- Ruta lineal a pé.
- Traxecto:
- Muxía.
- Lires.
- Fisterra.
- Lonxitude:
- 28,65 quilómetros.
- Dificultade:
- Media.
- Duración: 10 horas, aproximadamente.
- Punto de inicio: Santuario da Virxe da Barca en Muxía.
- Punto final: Santuario do Santo Cristo en Fisterra.