Ruta Muxía – Monte Facho
Dende o cume do monte Facho hai unha fermosa panorámica sobre a península de Muxía e toda a ría. Para chegar ata alí, pásase antes por fermosas praias con dunas, onde se poderá observar unha vexetación única que medra neste tipo de ecosistemas.
De camiño, resulta interesante observar a arquitectura de estruturas tales como vivendas, cabazos e alpendres típicos da zona.
Descarga
- Ruta circular a pé.
- Traxecto:
- Praza do Coído.
- Campo de fútbol.
- Praia de Arliña.
- Praia de Lourido.
- Aldea de Lourido.
- Monte Facho (312 metros de altitude).
- Xurarantes.
- Muxía, pola pista da fonte do Bico.
- Lonxitude:
- 15 quilómetros.
- Dificultade:
- Media.
- Duración:
- 3 horas.
- Punto de inicio e fin: Praza do Coído.