Ruta Cabo Touriñán – Frixe
Nesta ruta pódese gozar de experiencias completamente distintas: observar o mar batendo no cabo Touriñán ao lado do faro situado na punta máis occidental de Galicia e pasar a pé ao illote do Herboso, se está a marea baixa. Tamén se pode facer surf, contemplar aos surfistas sobre as ondas do mar de Muxía ou observar o interesante espazo natural, de notable valor xeolóxico, botánico e fáunico, da praia de Nemiña,
Pódense ver conxuntos rurais de arquitectura tradicional e descubrir en Nemiña e Frixe templos románicos do século XIII e XII respectivamente. É unha ruta chea de sensacións.
- Ruta lineal a pé.
- Traxecto:
- Cabo Touriñán.
- Illote do Herboso ou Castelo.
- Aldea de Campos.
- Miradoiro de Fonte Espiñeiro.
- Igrexa románica de Nemiña.
- Vilela de Nemiña.
- Praia de Nemiña.
- Igrexa de Santa Leocadia de Frixe.
- Lonxitude:
- 11 quilómetros.
- Dificultade:
- Baixa.
- Duración:
- 3 horas e media.
- Punto de inicio: Cabo Touriñán.
- Punto final: Igrexa Santa Leocadia de Frixe.