Convocatoria de selección de persoal. APROL RURAL 2025
Convocatoria de selección para a contratación de 2 peóns/as forestais dentro do programa Aprol Rural 2025
Actualización 25/06/2025
Prazo de presentación de documentación dos candidatos propostos: 3 días
Actualización 19/06/2025
Publicados os resultados finais. Prazo de alegacións 2 días
Actualización 18/06/2025
Publicados os resultados da fase de oposición
Actualización 16/06/2025
Publicación da lista definitiva de persoas admitidas
DATA DAS PROBAS DE SELECCIÓN
- PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA: MARTES 17 DE XUÑO ás 10:15 horas na ANTIGA ESCOLA UNITARIA DOS MUIÑOS (Muxía).
- PROBA DE GALEGO (para aqueles candidatos que non acreditaran estar en posesión do Celga 1): mércores 18 de xuño ás 9:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Actualización 11/06/2025
Publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas. Prazo de alegacións: 2 días hábiles
Data da fase de oposición: 17 de xuño ás 10:00 no edificio de Servizos Múltiples dos Muiños
Recibida resolución de concesión da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se concede subvención para a contratación de duas persoas desempregadas o abeiro da ORDE do 5 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025 (código de procedemento TR351G) (DOG nº 50 de 13 de marzo de 2025)
Visto que a orde de convocatoria establece
“As entidades beneficiarias da subvención solicitarán as persoas traballadoras que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados; deberá presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación, que deberá responder á codificación prevista no Catálogo nacional de ocupacións (CNO), …”
Este Concello procederá a contratación dentro do programa APROL RURAL 2025, unha vez publicadas as bases do proceso selectivo na SEDE, de dous traballadores para o desenvolvemento do servizo “PEÓN FORESTAL APROL RURAL” a través de oferta de emprego ante o SEPE de Cee:
- Contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.
- Duración: Nove (9) meses
- Nº de traballadores: 2
- Selección de candidatos: Oferta de emprego no Servizo Público de Emprego.
- Requisitos específicos: ORDE do 5 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025 (código de procedemento TR351G) (DOG nº 50 de 13 de marzo de 2025)
Bases Aprol Rural: https://sede.muxia.es/sxc/export/sites/muxia/recursos/downloads/Tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20250603163000074_ANEXO_1748961000-1.pdf
Listado de candidatos/as remitidos pola Oficina de Emprego: https://sede.muxia.es/sxc/export/sites/muxia/recursos/downloads/Tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20250603163000074_ANEXO_1748961000-2.pdf
Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles



