Selección dunha persona para posto de peón forestal APROL RURAL 2022. Actualización 02.06.2022

Actualización 02/06/2022
Publicación dos resultados provisionais da fase de concurso e de oposición
Prazo de reclamacións: 1 día hábil

Actualización 27/05/2022
Publicación da lista definitiva de admitidos/as ao proceso selectivo APROL RURAL
DATA DA PROBA: Martes 31 de maio, ás 10:00 no Campo de fútbol da Arliña

Actualización 19/05/2022
Publicación da lista de candidatos/as remitida pola Oficina de Emprego de Cee
Segundo se establece na base cuarta das bases da convocatoria, unha vez remitidos os candidatos/as polo Servizo Público de Emprego, os candidatos/as presentarán instancias a través da Sede Electrónica ou no rexistro xeral do Concello achegando a documentación establecida nas bases de convocatoria.
O prazo de presentación de instancias remata o día 25 de maio ás 13:00 horas.

Obxecto: Selección dunha persoa para posto de peón forestal (Subvencionada esta contratación pola Consellería de Emprego e Igualdade) durante 9 meses.

Requisitos:
– Desempregado/a inscrito na Oficina de Emprego

ADMISIÓN DE CANDIDATOS/AS: A selección dos traballadores será mediante a presentación de oferta pública de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. A admisión de candidatos coincidirá coa selección realizada polo Servizo Público de Emprego.

Bases e información

Anuncios: os avisos relativos a este proceso serán publicados no taboleiro electrónico e na páxina web www.concellomuxia.com.