O encaixe é unha das artesanías máis coñecidas da Costa da Morte. O movemento das mans habilidosas entrelazando palillos e fíos sobre unha almofada, seguindo un patrón, é moi característico. O son rítmico, case hipnotizador.

O historiador local Xan Fernández Carrera cóntanos que os comerciantes de puntillas máis importantes da Costa da Morte estiveron en Muxía. Exportaban a Cuba, a Arxentina, a México,… Mercaban a puntilla ás palilleiras, almacenábana en caixóns e despois levábana a Sudamérica en barcos, onde tiñan os seus distribuidores, moitos dos cales eran emigrantes muxiáns. Outro destino do encaixe foi a Península ibérica.

Grazas a este intenso tráfico comercial construíuse a parte nova de Muxía en torno ao cabo da Vila. Aquí tiñan a súa casa os comerciantes que fixeron fortuna a finais do século XIX e a primeira metade do XX.

Precisamente, a primeira cámara do fotógrafo Ramón Caamaño comproulla seu pai grazas ao comercio coas puntillas que confeccionaba a súa nai.

Localización

Enderezo

Asociación de Palilleiras Nosa Señora da Barca

Avenida da Marina, 17. Muxía, A Coruña

Enderezo

ASOCIACIÓN DE MULLERES ENCAIXEIRAS DE MUXÍA

Dirección: Rúa Castelao nº 3, Cp: 15124, Muxía (A Coruña).

 Tlf: 654.260.727

asociacionmulleresencaixeiras@gmail.com

Facebook: Asociación de Mulleres Encaixeiras de Muxía

Enderezo

Asociación Cultural e Artesanal de Palilleiras de Ozón

Ozón, s/n. Muxía, A Coruña