Contratación de un operario/a-condutor, un operario/a-conserxe e tres operarios/as servizos múltiples para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2023

Actualización 25.05.2023
Publicadas as listas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo
Prazo de emenda: 2 días hábiles

Data prevista de realización das probas da fase de oposición

  • Peón Condutor e Peón de servizos múltiples. 5 de xuño ás 16:00 horas. Edificio de servizos múltiples.Praza da Camposa
  • Operario Conserxe: 5 de xuño ás 17:00 horas. Edificio de servizos múltiples. Praza da Camposa

Obxecto: Selección de persoal para a provisión, en réxime de laboral temporal, de 5 postos de operarios/as dentro do programa de integración laboral da Deputación da Coruña 2023

OPERARIO/A CONDUTOR

Nº PRAZAS: 1

DURACIÓN DO CONTRATO: 5 meses

XORNADA: Completa

CARNÉS ESIXIDOS: Carne de conducir Clase C e C.A.P en vigor

BASES OPERARIO/A CONDUCTOR

OPERARIO/A-CONSERXE

Nº PRAZAS: 1

DURACIÓN DO CONTRATO: 5 meses

XORNADA: Completa

CARNÉS ESIXIDOS: Carne de conducir Clase B

BASES OPERARIO/A CONSERXE

OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES

Nº PRAZAS: 3

DURACIÓN DO CONTRATO: 3 meses

XORNADA: Parcial

CARNÉS ESIXIDOS: Carne de conducir Clase B

BASES OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES

Requisitos xerais para todas as prazas: consultar bases

Requisitos específicos comúns a todas as prazas:

As persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral :

  • Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

  • Maiores de 45 anos.

  • Parados de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de un ano como demandantes de emprego. Acreditarase cun infome de períodos de inscrición e informe de vida laboral actualizado

  • Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%. Acreditarase mediante certificado de discapacidade, expedido polo órgano competente.

  • Persoas desfavorecidas que estean nalgunha das seguintes situacións:

    Persoas en situación de drogodependencia. Acreditarase mediante informe dos servizos sociais municipais

    Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego. Acreditarase mediante informe dos servizos sociais municipais

    Persoas con fogar monoparental. Acreditarase mediante informe dos servizos sociais municipais

    Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais. Acreditarase mediante informe dos servizos sociais municipais

    Persoas vítimas de violencia de xénero. Acreditarase mediante informe dos servizos sociais municipais

    Persoas sen fogar. Acreditarase mediante informe dos servizos sociais municipais

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 10 (DEZ) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP)

Anuncio da convocatoria no BOP