Consulta de censo electoral eleccións municipais 2023

Faise saber a todos os veciños e veciñas do Concello, que ante as vindeiras Eleccións Locais 2023 que se celebrarán o vindeiro día 28 de maio, estarán expostas ao público, nas oficinas do Concello as Listas do Censo Electoral, en horario de oficina, entre os días 10 e 17 de abril, a efectos de posibles reclamacións contra os datos contidos nelas.

O impreso de reclamación facilitarase nas oficinas municipais

Recoméndase especialmente a consulta das listas a todos os que cumpriron 18 anos recentemente e a todos os que cambiaron de enderezo nos últimos meses.

Teléfonos de consulta do Instituto Nacional de Estadística:

– 900.343.232 -981 21 74 39