EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL

Faise saber a todos os veciños e veciñas do Concello, que ante as vindeiras Eleccións ás Cortes Xerais 2023 que se celebrarán o vindeiro día 23 de xullo, estarán expostas ao público, nas oficinas do Concello as Listas do Censo Electoral, en horario de oficina, entre os días 5 e 12 de xuño, a efectos de posibles reclamacións contra os datos contidos nelas.
O impreso de reclamación facilitarase nas oficinas municipais.
Recoméndase especialmente a consulta das listas a todos os que cumpriron 18 anos recentemente e a todos os que cambiaron de enderezo nos últimos meses.
Teléfonos de consulta do Instituto Nacional de Estadística:
– 900.343.232 -981 217 439
Muxía, 3 de xuño de 2023.
A Alcaldesa en funcions
Olalla Benlloch Lema