Pensión Plaza
A pensión Praza é unha empresa que conta cunha tradición familiar de máis de 30 anos. Está a cinco minutos en coche de Muxía, á beira dun espléndido merendeiro, e a tres quilómetros da praia do Lago.
Ofrece catro cuartos dobres e tres triples. Cada estancia dispón de televisión, calefacción, baño, conexión wifi gratuíta e terraza exterior. Hai aparcadoiro privado.
Ten restaurante onde almorzar e tomar as mellores comidas típicas e os mellores mariscos de Muxía. Algunhas das especialidades son a paella de mariscos, o polbo á galega, o cocido galego, o chuletón de tenreira e o arroz con lubrigante.
Tamén ofrece tapas, racións, pratos combinados, prato do peregrino, bocadillos quentes e fríos, hamburguesas, sándwiches e o menú do día.
Localización
Enderezo
Quintáns, 194. Muxía. A Coruña.