Pensión Atlántico

Pensión Atlántico está aberta todo o ano. Conta con cinco habitacións dobres e ofrece o servizo de almorzo con pastelería tradicional galega feita por Panadería Ignacio.
Ofrece un prezo especial para peregrinos, aos que sempre acolle con agarimo e algo quente no inverno.
Está na ruta dos Faros e moi preto das praias do Lago e de Leis.
Localización
Enderezo
Merexo, 108. Muxía. A Coruña.