Casa de Trillo
Casa de Trillo, de longa tradición histórica, atópase en Santa Mariña, pequena aldea do municipio coruñés de Muxía que aínda conserva o sabor da tradición.
En pleno mundo rural galego, a capela, dedicada a esta santa, o muíño, as fontes, o cruceiro e as sendas que a percorren participan dunha paisaxe de gran riqueza na que é fácil presenciar actividades agrarias, gandeiras e forestais en calquera recuncho.
O visitante deleitarase co achegamento á historia de Galicia a través dos personaxes ilustres que saíron desta casa e dos documentos antigos que se conservan, o que lle aportará unha noción de como era a sociedade galega nos últimos cinco séculos.
A estancia na Casa tamén ofrece a oportunidade de coñecer a artesanía da Costa da Morte, tanto pola utilización destes produtos na decoración como pola exposición e venda dos mesmos.
Localización
Enderezo
Santa Mariña, 1. Muxía. A Coruña.