Casa Fontequeiroso

A Casa Fontequeiroso, na pequena e acolledora aldea de Nemiña en Muxía, caracterízase por ser o alojamiento máis occidental da España Peninsular. Goza dun enclave privilexiado próximo ao cabo Touriñán e a coñecida praia de Nemiña, destino dos amantes do surf.

A casa, unha das máis próximas ao Camiño de Santiago que pasa polo tramo entre Fisterra e Muxía, dispón de seis cuartos totalmente equipados con baño, terraza, televisión, DVD e secador. Entre os espazos comúns destacan un salón comedor con cheminea e un segundo salón de lectura con excelentes vistas. O exterior está dotado dun amplo xardín e unha fonte, onde antigamente as xentes de Queiroso ían lavar e recoller auga. Integrado nun ámbito privilexiado, esta arquitectura convive en perfecta harmonía coa natureza que a envolve.

Casa Fontequeiroso obtivo a clasificación de establecemento singular pola Axencia de Turismo de Galicia.

Localización

Enderezo

Lugar de Queiroso, Nemiña. Muxía. A Coruña.

Contacto