Casa de Lema
![Casa Lema](https://concellomuxia.com/wp-content/uploads/2017/01/casa-lema-495x400.jpg)
Casa de Lema é unha antiga casa de labranza do ano 1920, situada en Morpeguite, unha aldea de Muxía. Restaurada cunha mestura de estilo rústico e colonial, conserva a estrutura, historia e tradición e dispón de todas as comodidades necesarias. Está situada a 2 quilómetros do Camiño de Santiago – Muxía, nunha contorna natural privilexiada.
Conta con catro habitacións dobres con baño e televisión, unha suite de luxo, unha suite vintage, dous salóns de uso común con cheminea, televisión, sala de lectura e relax con xogos de mesa, un comedor exterior no xardín, parque infantil, grellada, zona de aparcadoiro privado, servizo de recollida de peregrinos no Camiño e transporte de maletas.
Localización
Enderezo
Morpeguite, 85. Muxía. A Coruña.