A Muxía mariñeira foi unha Muxía pobre. Vivíase moi precariamente porque nos límites da vila non había terras para cultivar nin recoller leña. A Muxía moderna e de maior esplendor económico apareceu sobre todo a partir dos anos 60 cando se descubriu un importante e rico caladoiro, o do Canto. Nel pescáronse especies de moita aceptación no mercado como ollomol, pescada, dourada… Esta riqueza permitiu o desenvolvemento urbano e viario dando lugar á Muxía actual.

Aos barcos de pesca sumáronse nos últimos anos numerosas embarcacións de recreo que amarran no peirao do porto deportivo.

Capturas e artes de pesca

“Aquí pódese pescar de todo”, conta Xosé Búa, mariñeiro muxían desde o ano 80. “Moitas veces non sabes nin que é o que che vén no aparello porque na zona de Touriñán conflúen as principais correntes oceánicas, a de Humboldt, a de Groenlandia e a que vén de Ciudad del Cabo. Tanto podes coller unha maruca como unha gorbina.” O principal foco de venta das capturas locais é a lonxa da Coruña.

Pincho

Dedícanse aos miños (redes) e ás nasas (aparello).

Miños: acedía (similar ao ollomol), ollomol, peixe sapo, xuliana.

Nasas: centolas, bois, lumbrigante, nécora, polbo.

Flota de arrastre

As capturas son variadas, aínda que as especies obxectivo son lirio, xarda e xurelo.

Agrupacións sectoriais

Dedícanse ao percebe, a navalla e ao longueirón. Hai tamén un plan conxunto co resto das confrarías da Costa da Morte para a extracción do ourizo.

Localización

Enderezo

O porto. Muxía, A Coruña