Moreira é outra das pequenas praias de bolos que salpican o litoral muxián. Atoparala no camiño cara ao cabo Touriñán rodeada de monte de formas suaves.
O encanto deste lugar reside na mestura compensada dunha paisaxe rural e mariña na que o máximo expoñente, ademais dos coídos, é o xeneroso regato que desemboca no mar desaparecendo por debaixo da area.
Localización
Enderezo
Praia de Moreira, Touriñán. Muxía, A Coruña