Praia de Nemiña

Se Leis se pode considerar a praia máis setentrional do municipio de Muxía, Nemiña é a que se atopa máis ao sur. Desde o arco que forman os seus 1.250 metros vense tres concellos da Costa da Morte: Muxía, Cee e Fisterra.

Nemiña é unha praia internacional na que desde hai anos se reúnen os amantes do surf e do bodyboard de toda Europa, sobre todo alemáns e franceses, e tamén, cada vez máis, veciños da zona. Na ribeira do río, cando baixa a marea, pescadores de cana andan na procura de robalizas.

As posibilidades de lecer e de deporte que ofrece Nemiña compleméntanse co sendeirismo. Unha senda litoral une a aldea co cabo Touriñán onde, dúas veces ao ano, entre o 21 de marzo e o 25 abril e entre o 13 de agosto e o 22 de setembro se pode ver desaparecer o último raio de sol da Europa Continental.

Localización

Enderezo

Praia de Nemiña, Nemiña. Muxía, A Coruña