Praia de Espiñeirido

Unida coa vila e coa praia da Cruz por unha senda litoral, desde Espiñeirido hai unhas fantásticas vistas de toda a fronte da vila da Barca. Antano era coñecida como a praia dos curas porque ao ser este o areal máis afastado do núcleo urbano, aquí víñanse bañar os relixiosos para estar máis arredados da xente.

Próxima está a punta de Espiñeirido, tamén coñecida como punta do Generosa, polo naufraxio que sufriu neste lugar o barco do mesmo nome a noite do 26 de outubro de 1987.

Localización

Enderezo

Praia de Espiñeirido, Moraime. Muxía, A Coruña