Selección dun/dunha docente para o Obradoiro de Emprego CAMIÑO AO EMPREGO

Actualización 10.05.2021
Publicado no Taboleiro electrónico do Concello o listado de candidatos e candidatas remitido pola Oficina de Emprego.

Obxecto: Selección dun/dunha docente para a especialidade Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes para o Obradoiro de Emprego CAMIÑO AO EMPREGO subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade

Requisitos:
Nivel académico e experiencia. O establecido polo Real Decreto 682/2011, de 13 de mayo, que regula os certificados de profesionalidade da especialidade (BOE núm. 137 de 09 de xuño de 2011). A experiencia profesional esixida nos certificados de profesionalidade para a impartir de docencia acreditarase en horas efectivas traballadas. A experiencia profesional esixida para impartir o certificado de profesionalidade non se terá en conta na fase de valoración da experiencia – Permiso de conducir B
Forma de selección: A través de oferta de emprego presentada na Oficina de Emprego de Cee

Información: Oficina de Emprego de Cee. Axentes de emprego e desenvolvemento local dos Concellos de Muxía, Vimianzo e Camariñas