Cursos de competencias clave nivel 2 e 3
Ata o 5 de maio estará aberto o prazo para inscribirse nas accións formativas de Competencia Clave nivel 2 e 3 do Proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural
Destinatarios/as: persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).
- Saber ler e escribir.
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
- Persoas maiores de 55 anos.
- Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
- Persoas inmigrantes.
- Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
- Outros colectivos desfavorecidos e persoas en situación de vulnerabilidade.
Documentación:
- Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado (Anexo I que se pode obter na descarga que acompaña esta noticia).
- Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
- Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
- No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil
- Certificado ou Volante de empadroamento.
- Documento acreditativo ou informe emitido polos servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
- Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
- Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego
- Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente
Axuda económica para as persoas participantes: as persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.
Presentación de solicitudes: por vía telemática, a través da sede do concello: Sede Electrónica Muxía ou de forma presencial na oficina de rexistro do Concello.
Descargas: anexo I solicitude
Máis información: AEDL do Concello de Muxía no tel.: 981 74 20 01