Selección 15 peóns de servizos múltiples dentro do programa Pel Reactiva Concellos 2021 da Deputación da Coruña

Actualización 11.05.2021. 
Ampliado o prazo de presentación do certificado médico ata o 18 de maio ás 14:00.

Actualización 10.05.2021. Resultados do proceso selectivo
Publicado no Taboleiro electrónico do Concello o resultado do proceso selectivo para a contratación de 15 peóns de servizos multiples dentro do programa Pel Reactiva Concellos 2021
As persoas propostas deberán presentar no prazo de 3 días hábiles a partir da publicación do resultado da selección a seguinte documentación:
– Certificado da conta bancaria e número de afiliación da seguridade social.
– Declaración xurada de non atoparse separado do servizo de AAPP, nin estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade.
– Certificado médico de non padecer enfermidade nin eiva física que impida o normal desenvolvemento das función correspondentes ao posto.

Actualización 23.04.2021. Lista provisional admitidos/as
Publicada no Taboleiro electrónico do Concello a lista provisional de admitidos e excluídos
Data prevista da proba: 5 de maio ás 10:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples dos Muiños (Muxía)

Obxecto: Selección de 15 peóns de servizos múltiples ( 14 prazas quenda libre e 1 praza en reserva para persoas con discapacidade). Programa Pel Reactiva Concellos 2021 da Deputación da Coruña. Duración do contrato: 3 meses

Requisitos:

– Os establecidos nas bases de convocatoria

Prazo de presentación de instancias:
– 5 días hábiles a partir da publicación das bases no BOP

Bases e información: Oficinas municipais e Sede electrónica do Concello

Bases do proceso selectivo

modelo de instancia anexo II

Anuncios: os avisos relativos a este proceso serán publicados na Sede electrónica do  Concello e na páxina web www.concellomuxia.com.