ANUNCIO DA CONCESIÓN DEFINITIVA DAS AXUDAS DO FONDO PEL REACTIVA

As persoas autónomas e microempresas beneficarias deste programa terán ata o vindeiro 31 de marzo de 2021 para presentar de xeito telemático a documentación xustificativa dos gastos subvencionables.

O Concello de Muxía destina 74579,73 euros en axudas para 40 persoas autónomas e microempresas locais

 

Un total de 40 persoas autónomas e microempresas do concello de Muxía recibirán financiamento a través das axudas do programa PEL Reactiva solicitado polo Concello  á Deputación da provincia da Coruña. O Concello vén de publicar o anuncio coa resolución desta liña de subvencións, que ascende no municipio  a 74579,73 euros. Cada un dos beneficiarios poderá dispor de axudas que oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros para paliar as consecuencias económicas da pandemia da Covid-19 no último exercicio.

O número de solicitudes en lista de agarda ascende a 19.

Estas subvencións inclúense dentro do Plan PEL Reactiva 2020, cofinanciado polo Deputación da provincia da Coruña. O principal obxectivo desde programa é impulsar a actividades económica e o emprego en Muxía e contribuír a facer fronte aos danos económicos causados pola pandemia da Covid-19.

A resolución definitiva de concesión pode consultarse no taboleiro de anuncios da  Sede electrónica do Concello

FASE DE XUSTIFICACIÓN

Os/as beneficiarios/as da subvención deberán presentar a documentación xustificativa referida expresamente aos conceptos de gasto que lle foron subvecionados, como data máxima, o 31 de marzo de 2021 ás 14:00 dacordo coas bases de convocatoria.

Documentación a presentar coa xustificación

Declaracion-responsable

Relación clasificada de gastos

Relación clasificada de gastos ampliada

Modelo cartel axudas Pel Reactiva

Enderezo de presentación: Sede electrónica do Concello de Muxía