FORMACIÓN: SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE: LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRAIS.

Dentro do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña está previsto impartir unha formación “SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE: LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRAIS”.

  • 80 horas prácticas
  • 60 horas de Prevención de Riscos Laborais

A formación teórico-práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria:

  • Zona Norte: Cerceda
  • Zona sur: Muros

A data de inicio, prevista para mediados do meses de marzo, será comunicada ao longo do proceso de selección.

REQUISITOS:

  • Ter entre 16 e 30 anos de idade.
  • Estar inscritas nalgunha das Oficina de Emprego  da provincia da Coruña.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.
  • Estar rexistrado/a no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action

DOCUMENTACIÓN:

  • Ficha de Solicitude completamente cumprimentada e asinada (achégase).
  • Ficha de historial cumprimentado e asinado da persoa candidata (achégase) e CV formativo e profesional.
  • DNI por ámbalas dúas caras.
  • Tarxeta ou documento que acredite o número de Afiliación á Seguridade Social.
  • Certificado/volante actualizado de empadroamento.
  • Tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada (non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego).
  • Documento que acredite a inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (Acceso a zona persoal na plataforma de Garantía Xuvenil e descarga no apartado de “notificacións” do documento, en formato “pdf”, que acredita que a persoa solicitante está rexistrada e é beneficiaria do sistema).

PRAZO: As persoas de Muxía poderán entregar a documentación a través da Sede electrónica do Concello ata o 4 DE MARZO DE 2021

solicitude

cartel-seguridade-e-medio-ambiente