GALERÍA DE MULLERES

Ana Mendieta

(A Habana, Cuba 1948 – New York, 1985). Artista conceptual, escultora, pintora e videoartista cubana. Recoñecida polas obras de “earth-body art”.

Canda nenas (1961), Ana e asúa irmá foron levadas ó estado norteamericano de Iowa (na operación Peter Pan) e alí internadas nun centro relixioso onde  sufriron discriminacións e todo tipo de experiencias traumáticas. Ambas buscaron a arte coma refuxio .En Iowa obtivo Ana a  licenciatura en pintura, e un máster en Belas Artes. Xa dende un primeiro momento a súa arte é grandemente trangresora.  As primeras obras estiveron xa marcadas polo feminismo. Foi  unha das primeiras artistas en experimentar a arte corporal ou body art, a land art ou arte terrestre e as performance. Corpo e natureza serven para denunciar a violencia machista. A súa obra tamén  está marcada pola identidade fronteiriza.

A súa morte con só 36 anos está envolta en polémica: o 8 de septiembre de 1985 Ana cae(¿) dende o piso 34, no que vivía. Xusto antes os veciños escoitan a discusión co seu home, o artista Carl Andre e Ana berra, “non, non, non!” Morre no acto. O seu home, con sinais de pelexa no rostro e no corpo di que ela se tirou. É imposible demostrar se el a tirou ou ela se suicidou. Aínda que os seus amigos din que estaba nunha boa época vital , e que as testemuñas escoitaron os gritos dela e os sinais evidentes de pelexa… Gran parte do mundo da cultura, con grande poder económico,  apoia a versión do home e a defensa baséase na dúbida razoable. É absolto.

Logo da súa morte, Ana Mendieta foi silenciada pola industria da arte, mentres que os grandes museos expoñen as obras de Carl Andre. Women’s Action Coalition (WAC) e o colectivo Guerrila Girls ,entre outros, rebélanse ante isto. Os berros destes colectivos denuncian tamén a pouca presencia de mulleres  na industria da arte. Diante dunha mostra de Andre, unha pancarta denuncia: «Carl Andre está no Guggenheim. ¿onde está Ana Mendieta?». As accións e protestas preguntando “ónde está Ana Mendieta” sucédense  cada vez que se inaugura unha exposición dedicada a Andre.

Non calan as voces que berran contra a súa morte e esquecemento,dende a nosa Galería tamén queremos lembrala.

ANA MENDIETA