CAMPAÑA ESQUI 2018

RESULTADOS SORTEO ESQUI 2018-01-18:

Seleccionados/as: 49914843J, 47438026C, 20627284X e 49473448B.-

Suplentes:

1.- 78812585A / 2.- 78812165C/ 3.- 58000008B/ 4.-49332765L  e  5.-54703428R.-

Muxía, 18 xaneiro 2018

—————————————————————————————————————————————————————–

A través da presente, infórmaselle que a Deputación de A Coruña, dentro da súa programación deportiva para o 2018, poñe en marcha un ano máis, unha Campaña de Esquí na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, destinada a escolares nados nos anos  2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.

O Concello de Muxía foi incluido nesta actividade coa adxudicación de 4 prazas.

Para axilizar os trámites, comezamos xa co período  de preinscrición. Os interesados en formalizala, deben poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello a través do número de teléfono 618-895265 de luns a xoves entre as 8:30 e as 13:00 horas e entregar a ficha de inscrición que se achega, con todos os datos cubertos, antes do vindeiro martes 16 de xaneiro ás 12:00 h.

A quenda outorgada ao Concello de Muxía é a 4ª QUENDA, dende o 02/03/2018 ao 05/03/2018.

Correspóndelle a cada Concello a selección dos/das participantes mediante sorteo público ante a secretaria do mesmo, e terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da deputación sempre e cando o número de solicitudes supere as prazas ofertadas pola Deputación para o noso Concello. Dita selección farase o día 18 de xaneiro ás 13:00 horas, e os resultados serán publicados na páxina web www.concellomuxia.com.

Cada participante aboará unha cota de participación á Deputación de 85€. Dita cota será aboada unha vez feito o sorteo.

Para máis información pode poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello, chamando ao 618-895265 ou na web www.dicoruna.es /deportes.

Sen máis reciba un cordial saúdo.

O Alcalde

Félix Porto Serantes

Cartel-campana-de-inverno-2018

Triptico Informativo 2018