Charla informativa sobre as cláusulas chan das hipotecas este venres no concello ás 19 horas

Muxía, 6 de febreiro. A Unión de Consumidores de Galicia en colaboración co Concello de Muxía organiza este venres, 10 de febreiro, ás 19 horas no salón de plenos do Concello de Muxía (Rúa Real, 36) a charla informativa ¿Que podo facer ante unha cláusula chan?.

A entrada é de balde e pretende respostar ás preguntas da veciñanza de Muxía que poidan estar afectados por unha hipoteca. As cuestións que se abordarán é se estes usuarios de banca teñen cláusula chan, se poden reclamar e as opcións que existen á hora de recuperar o diñeiro cobrado de máis polas entidades como consecuencia da cláusula chan ou os gastos hipotecarios que indebidamente afrontaron algúns clientes.

Para máis información, a xente interesada pode chamar aos teléfonos 981 56 64 11 ou ao 981 58 66 96.