Ábrese o prazo para solicitar as axudas do tícket eléctrico social e para evitar cortes de subministro eléctrico e gas
Muxía, 3 de febreiro. A veciñanza con escasos recursos económicos xa pode solicitar o tícket eléctrico social para subvencionar parte da factura eléctrica ou a axuda para evitar os cortes de subministro eléctrico ou de gas.
A. Condicións do tícket eléctrico social de Galicia
- Familias con menores ou persoas discapacitadas con ingresos totais da unidade de convivencia que non superen os 9.585,18 €/ano (1,5 veces o IPREM).
- Válido para facturas de electricidade (IVE incluído) emitidas entre o 1 de xullo de 2016 e o 30 de xuño de 2017.
- O importe máximo subvencionable será de 180 € e de 300 € para familias numerosas.
- A presentación da solicitude debe facerse de forma telemática. Só se admite unha solicitude por unidade familiar.
- O prazo de solicitude remata o 17 de xullo de 2017, sempre que non se esgote o crédito dispoñible para tal fin.
.
B. Condicións das axudas urxentes para evitar os cortes de subministro eléctrico e de gas (AUXS)
- Familias con ingresos totais da unidade de convivencia que non superen os 6.390,13 €/ano (o IPREM).
- Que teñan facturas de electricidade ou gas natural pendentes de pagamento despois da data límite de pagamento, teñan ou non a subministración interrompida.
- O importe máximo subvencionable é de 200 € de máximo.
- Deben ser titulares do contrato de subministración eléctrica ou de gas.
- O prazo de solicitude remata o 15 de decembro de 2017.